|
|
Esta materia de Debuxo Técnico Asistido por Ordenador aparece como unha optativa no segundo curso da titulación de Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía, de acordo co Plano recollido na Memoria deste título, presentada a verificación no ano 2009, e publicado no BOE de 22 de febreiro de 2011. Este Plano de Estudos responde ás directrices xerais expresadas no Real Decreto 1393/2007 de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación do ensino universitario oficial (BOE de 30 de outubro de 2007), e na Orde Ministerial CIN/353/2009 de 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico en Topografía (BOE de 20 de febreiro de 2009).
|