|
As videogravacións contidas no catálogo de vídeos atópanse en formato DVD. Están á disposición de calquera persoa que os solicite en concepto de préstamo, e pódese dispoñer deles durante 30 días. Os centros públicos ou asociacións sen ánimo de lucro poden solicitar este material en concepto de doazón enviando unha carta onde xustifiquen a necesidade e enumeren os títulos por orde de preferencia, tendo en consideración o grao de afinidade do vídeo/DVD coa actividade para desenvolver polo centro ou asociación .
|