|
|
Ha trabajado como consultor o investigador para diversos organismos públicos nacionales (ICEX, Minsiterio de economía y Hacienda, SECIPI) y diferentes agencias internacionales (BID, UNIDO, CEPAL, ILPES, SIDA, SECIB y Comisión Europea).
|
|
|
Director do Instituto Complutense de Estudos Internacionais (ICEI), é doutor en Ciencias Económicas e catedrático de Economía Aplicada na Universidade Complutense de Madrid. É diplomado en Desenvolvemento pola CEPAL e diplomado en Econometría Superior polo Banco de España. Foi director de Cooperación Económica no Instituto de Cooperación Iberoamericana entre 1988 e 1989, vicerreitor adxunto da Universidade Internacional Menéndez Pelayo entre 1985 e 1988, Universidade na que, de novo, foi vicerreitor de Ordenación Académica entre 2002 e 2003 e dirixiu a Área de Desenvolvemento e Cooperación do Instituto Complutense de Estudos Internacionais entre 1998 e 2003. Codirixiu o Magister en Estudos superiores Iberoamericanos, título propio da Universidade Complutense, entre 1996 e 1999. Actuou como experto nas Comisións Técnicas correspondentes ás Conferencias Iberoamericanas de Ministros de Economía de 1981 e 1983 e foi encargado de redactar o documento de propostas para a Conferencia Iberoamericana de Ministros de Planificación, celebrada en Madrid en 1992. Traballou como consultor ou investigador para diversos organismos públicos nacionais (ICEX, Ministerio de Economía e Facenda, SECIPI) e diferentes axencias internacionais (BID, UNIDO, CEPAL, ILPES, SIDA, SECIB e Comisión Europea). Dirixe o Máster en Desenvolvemento e Axuda Internacional, título propio da Universidade Complutense, e forma parte do consello de redacción de revistas como ‘European Journal of Development Research’, ‘Información Comercial Española’, ‘Economistas’, ‘Principios’, ‘Estudios de Economía Política’, ‘Temas’ e ‘Documentación Social’. É, tamén, membro dos Padroados de ‘Save the Children’, AIETI’ e ‘Economistas sin Fronteras’, e é membro do consello asesor da Fundación Carolina, do consello de cooperación para o Desenvolvemento (Ministerio de Asuntos Exteriores) e do Padroado da Fundación do Instituto de Crédito Oficial (ICO).
|