|
|
Digna de recordar, per altra part, és una Introducción a la Sociología, amb format de llibre de butxaca, que en 150 pàgines tracta allò més substantiu dels temes fonamentals de la cultura, la personalitat, el medi ecològic, el grup, la família i l'estratificació, d'una manera que uneix brillantment el rigor més exigent amb una accessibilitat apressada per la preocupació didàctica.
|
|
|
Digna de lembrar, por outra parte, é unha Introdución á Socioloxía, con formato de libro de peto, que en 150 páxinas trata o máis substantivo dos temas fundamentais da cultura, a personalidade, o medio ecolóxico, o grupo, a familia e a estratificación, dunha maneira que une brillantemente o rigor máis esixente cunha accesibilidade desacougada pola preocupación didáctica. E de novo como contraste coa obra que acaba de ser mencionada, a excepcional serie de catro artigos que, co título común de “sobre la disputa del positivismo en la sociología alemana” e numerados do I ao IV, publicou nos números 36, 37, 39 e 42 da entón aínda denominada Revista Española de la Opinión Pública, correspondentes a 1974 e 1975. O lector desta luminosa serie, escrita, como é obvio, ao fío da publicación en España do libro ao que se refire o título dos artigos (libro que recollía os debates do Congreso de 1961 da Sociedade Alemá de Socioloxía), atópase cun exercicio de análise conceptual e argumental pouco frecuente. Se, como dixemos, a pequena Introdución estaba presidida pola preocupación didáctica, na serie sobre a disputa do positivismo a cristalina dureza do rigor científico (ou filosófico, como se prefira) prevalece sobre calquera outra consideración, aínda que cunha chá claridade que con frecuencia lembra os máis felices textos do seu admirado Zubiri.
|