|
|
Quen coñeza a miña carreira ao longo dos últimos catorce anos así o terá visto, eucomecei a formar parte da historia do Restaurante e el da miña, e segundo andabamos xuntos, integrabámonos máis cada vez, edesfaciámonos de banalidades, despoxándonos do que nonera necesario e imprescindible e quedando co esencial; falo tanto a nivel cociña como sala, buscabamos a claridade. Non obedece istoá tendencia do minimalismo, tan en boga, senón máis ben eu diría sinxeleza; sinxeleza que me ilusiona e ás veces me aterra, ou máis ben me asusta que non se entenda; sinxeleza e simplicidad non é o mesmo, esencialismo e como na definición da miña páxina, estilismo?, eso si é a liña a seguir; Maite, Alfredo, Marcelo, Josiño... a todos eles teño que agradecer a súa compañía nesta viaxe, aos meus pais, aos meus irmáns, a José, a Lourdes... ao fin e ao cabo tamén nos debemos ao noso contorno, a paisaxe, a despensa e o home, eles tamén comparten e forman o noso universo particular, o cal imos moldeando e á vez nos moldea a nós mesmos."
|