|
|
Algúns dos nosos produtos de publicidade permiten que outras empresas envíen as súas propias cookies ao teu navegador. Por exemplo, se visitas unha páxina que utiliza DoubleClick, quizais Google e outras partes envíen cookies ao teu navegador. É posible que cada editor e anunciante traballe con varios fornecedores de servizos e de tecnoloxía e que cada unha destas partes estableza as súas propias cookies, aínda que o dominio que establece a cookie e o único que pode lela. Isto significa que é posible que varias empresas envíen varias cookies ao teu navegador durante o tempo que tarda unha páxina web en cargar. Así é como funciona a maioría da publicidade en liña.
|