|
En segundo lugar, o método baséase na actividade tutelada do alumno para completar a ensinanza da materia. Estes créditos prácticos cubriranse mediante a realización polos alumnos de actividades que afonden nos conceptos desenvolvidos nas clases teóricas. Para isto, proporanse varias posibilidades, como poden ser a realización de traballos de investigación, baixo a dirección do profesor, ao longo do curso, así como a lectura de textos que serán indicados polo profesor, lecturas sobre as que os alumnos realizarán breves comentarios (non deberán exceder de catro folios mecanografados) ou, tamén, resolución de casos de determinación da pena, que lles serán propostos polo profesor.
|