|
|
Podes alternar entre as túas contas de Google de xeito rápido e fácil, desde o escritorio e o dispositivo móbil. Por exemplo, podes engadir unha conta de Google secundaria cando esteas conectado á túa conta principal e alternar entre elas. Nos tablets de Google máis recentes que dispoñen de modos multiusuario, como o Nexus 7, resulta sinxelo asociar varias contas cun dispositivo. Isto facilita que diferentes membros da túa familia consulten o seu correo electrónico ou accedan ás súas aplicacións sen necesidade de iniciar sesión e saír das súas contas. Unha vez configurada a conta principal, podes engadir contas facilmente na configuración do dispositivo.
|