|
|
Esta obra do sociólogo, historiador e politólogo norteamericano, presenta a maior recompilación de reflexións sobre o seu traballo publicada ata a data. Cada capítulo analiza os seus textos, as súas teorías e deseños metodolóxicos, e algúns engaden investigación de casos. Este libro axuda a comprender un tempo marcado por intensas mobilizacións populares, algunhas con consecuencias moi relevantes, como as protestas que se estenden en 2011 dende Túnez a Exipto, Iemen, Libia, Siria, etc., a chamada "primavera árabe" e distintas mobilizacións no occidente democrático reclamando máis atención ás demandas cidadás, como o Movemento 15 de maio (15 M) en España replicado noutros países, as protestas en Grecia, o Reino Unido, etc.
|