|
El grupo quedaría formado en aquel principio por: Bernardo Martínez -flautas, percusión-, Pedro Puértolas -violín-, Enrique Ferreira - violonchelo-, el mencionado Xoán Piñón -guitarra, laúd, mandolina- Xaquín Blanco -gaita, bombarda, percusión- y Miro Casabella -voz, zanfona, cítola- .
|
|
O grupo quedaría formado naquel principio por: Bernardo Martínez -frautas, percusión-, Pedro Puértolas -violín-, Enrique Ferreira - violonchelo-, o mentado Xoán Piñón -guitarra, laúde, mandolina- Xaquín Blanco -gaita, bombarda, percusión- e Miro Casabella -voz, zanfona, cítola- . Aquela foi a que podemos considerar primeira formación folk galega instrumental, inda que a metade dos temas incluídos no disco eran cantados. Tra-la incorporación de músicos como Baldo Martínez (contrabaixo) e Manuel Varela (Teclados), o grupo abandonaría na súa estructura interna o elemento vocal, e pasaría a ser unha formación exclusivamente instrumental, inda que o segundo disco, Polaridade -1984- contaba coa participación puntual do popular Víctor Manuel, que ademáis de ser o productor da gravación, cantou o célebre Baile de pandeiras. Pero naquela altura, Doa experimentara xa unha sorte de reconversión, aínda sen se saír do repertorio tradicional, que os levou á procura dun son homologábel ao da vangarda da época - verbigracia, estética ecm , acorde co nome da prestixiosa editora alemana do mesmo nome, máis cercana ao jazz que a outra cousa-. Desta vez, a ambientación musical de sons elaborados e sobre todo debidamente ambientados así como certos efectos especiais era materializado en instrumentos tan novedosos coma o metalófono, percusión a cargo de Carlos Castro; outro nome, novo en Doa pero veterano na escena galega era Pepe Bordallo -baixo-, e do sul chegaba o cordobés Javier Jurado -frautas traveseira e soprano-, mentres continuaba da anterior formación únicamente Xoán Piñón, inda que no disco participaban como colaboradores Xaquín Blanco -bombardas e gaita galega-, e Julio Blasco -contrabaixo-. A búsqueda dunha sonoridade ata entón insólita na música galega fixeron daquel disco o primeiro referente do que se deu en chamar folk progresivo: repertorio tradicional con instrumentación actual. Neste caso, as versións soprendían - e mesmo sorprenden hoxe en día - pola súa insólita combinación tímbrica. Únicamente un tema de autor: Viva Ramón -- pola súa insólita combinación tímbrica. Únicamente un tema de autor: Viva Ramón -Xoán Piñón- e os demáis, pezas populares coma Ce fu en mai -de procedencia francesa-, Resa med lekaré -sueca -, Canción dos Piratas -alemana-, Forcarei -galega-, así como varias versións das célebres Cantigas de Alfonso X El Sabio. Pero paradóxicamente aquela sorte de aventura naquela época levaba todas as de perder, ao adiantárense os músicos ao tempo q
|