|
|
Os ordenadores non "ven" as fotos e os vídeos do mesmo xeito que as persoas. Cando unha persoa mira unha foto ou un vídeo, pode ver a súa mellor amiga de pé diante da súa casa. Desde o punto de vista dun ordenador, esa imaxe non é máis que unha morea de datos que pode interpretar como formas e información sobre valores de cores. Un ordenador non reaccionará como unha persoa cando ve unha foto, pero é posible preparalo para recoñecer patróns de formas e cores determinados. Por exemplo, é posible preparar un ordenador para que recoñeza os patróns comúns das formas e as cores que compoñen a imaxe dixital dunha cara. Este proceso coñécese como detección facial e é a tecnoloxía que axuda a Google a protexer a privacidade das persoas en servizos como Street View, onde os ordenadores tratan de detectar as caras, que despois difuminan, das persoas que están na rúa cando pasa o coche de Street View. Tamén axuda a servizos como as fotos de Google+ para que se poidan etiquetar fotos e vídeos cando apareza unha cara neles. A detección facial non indica a quen pertencen as caras, pero pode axudar a encontralas nas fotos.
|