|
|
As aplicacións web, tamén coñecidas co nome de “apps” son programas que residen no teu navegador ou no teu dispositivo móbil. Conéctante con servizos da Internet, permitíndoche levar a cabo tarefas simples, como engadir sitios web a favoritos e consultar correos electrónicos. Tamén poden levar a cabo tarefas máis complexas como compartir fotos, navegar por cidades ou escoitar música. O sistema de navegación de automóbiles estándar tamén é un bo exemplo de aplicación. Con esta aplicación podes obter información en tempo real baseada na túa situación. Podes achegar o zoom e efectuar panorámicas no mapa, obter indicacións de condución, atopar rutas alternativas e buscar destinos específicos.
|