|
|
Se ves unha mensaxe dun usuario ao que coñeces pero que parece que non enviou el, é posible que un pirata informático que está tentando obter diñeiro ou información túa accedese á súa conta sen autorización. Polo tanto, ten coidado co modo no que respondes. Entre as tácticas utilizadas con máis frecuencia está a de que lles envíes diñeiro rapidamente coa escusa de que se atopan atrapados noutro país ou que lles roubaron o teléfono e que por iso non poden recibir chamadas. Tamén é posible que a mensaxe che solicite que fagas clic nunha ligazón para ver unha imaxe, artigo ou vídeo, que en realidade te dirixirá a un sitio no que é posible que che rouben a túa información (así que pénsao ben antes de facer clic).
|