|
- Clases prácticas: os alumnos levarán a cabo as prácticas propostas, no número de sesións indicado para cada práctica. O traballo debe ser autónomo, e individual, buscando interactuar co profesor e o resto de compañeiros para a resolución de dúbidas e verificación de resultados. As primeiras sesións de prácticas estarán dedicadas a unha introdución a MPI, que é necesario para a realización da práctica 1. Combinarán breves explicacións das rutinas máis importantes coa realización de exercicios sinxelos, tanto na aula de informática como no supercomputador do CESGA. O material para estás prácticas, que estará dispoñible electrónicamente, será unha presentación coa explicación das rutinas de MPI, e un tutorial onde se indica paso a paso os aspectos prácticos para poder facer programas con MPI e correlos tanto na aula de informática como no supercomputador. Para a práctica 1, os alumnos terán a súa disposición, electrónicamente , o enunciado da práctica, tempo estimado para realizala e criterios de avaliación. Tamén estará dispoñible a documentación adicional necesaria: documento de Pallas describindo a metodoloxía utilizada no seu conxunto de programas de proba. Para a práctica 2, estará dispoñible electrónicamente o enunciado da práctica, o tempo estimado para realizala e os criterios de avaliación. Ademais estará dispoñible o manual do simulador de redes.
|